Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación do libro "Destellos" de Ari Alonso

Ari Alonso presenta o seu libro "Destellos" na Biblioteca Fórum Metropolitano.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

16/04/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19:00 a 20:00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981 184 298

Nacín unha noite de decembro de 1984, cando España empezaba a "cambiar", no seo dunha familia humilde, de pai albanel e nai campesiña, crieime entre natureza e libros lonxe das novas tecnoloxías. Os mellores momentos que tiña eran aqueles nos que os meus mellores amigos eran os libros. Sempre fun unha persoa solitaria, amante dos animais e mal estudante ao modo de ver doutras persoas, eran tempos fáciles para moitos onde o maior problema que se presentaría era que se sería de maior ou a quen querías máis se ao teu pai ou á túa nai, na miña cabeza eran outras as dificultades...

As inxustizas que vía, a maneira de cambiar as cousas, a maneira de loitar coa vida. Que facer con toda esa agonía?

Desde moi pequena refuxieime nas miñas ideas, nos meus libros e empecei a escribir, era a miña vía de saída. Así transcorreu a miña vida ata que decidín partir; quixen ser algo ou alguén, aínda non sei ben... Funme da casa e empecei a sobrevivir; era unha ave de paso. Miles de traballos, miles de destinos pero un mesmo obxectivo: abrirme camiño e con iso cheguei ata "Crónicas de una muerte", un libro que quedou na nada e fíxome crecer como escritora e persoa.

Houbo momentos amargos, outros non tanto; moitas caídas das que había que levantarse, moitas cousas como aprendizaxe. Crucei o charco por algo inalcanzable, saíu mal pero a vida tan pronto che quita como che dá. Como dicía Amado Nervo, cheguei a un punto de non retorno e agora coma el só podo dicir:

Amei, fun amada,

Vida, nada me debes!

Vida, xa estamos en paz!

ARI ALONSO

Tamén che pode interesar

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión