Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación do libro "¡Que se le van las vitaminas!” de Deborah García Bello

Actividade enmarcada no Ciclo Temático "Todo é Ciencia"

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

23/04/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

Oímos tantas veces aquilo de «tes que tomar o zume mesmo cando se acaba de espremer porque se lle van as vitaminas» que xa ninguén o pon en dúbida. Descubre este e outros moitos segredos e mitos que só a ciencia pode resolver.

Existen centos e centos de rumores na nosa vida cotiá e, ao parecer, cada persoa ten unha explicación distinta para eles ou, mesmo, a solución perfecta. A nosa avoa dicíanos que corrésemos a beber o zume recentemente espremido, que se lle ían as vitaminas; oímos a miúdo que o azucre moreno é mellor que o azucre branco; mesmo nos dixeron que as ondas wifi producen cancro. Pero, que hai de certo en todo iso?, ¿quen nos pode dar respostas?

Deborah García Bello, unha das divulgadoras científicas máis seguidas do noso país, cos seus amplos coñecementos en química, daranos as respostas a estas e moitas máis preguntas que nos permitirán non só rexeitar os bulos senón ter os argumentos necesarios para lle rebater á próxima persoa que nos diga aquilo de: "que se lle van as vitaminas!"

Porque á fin e ao cabo é a ciencia a que nos pode descubrir aqueles segredos cotiáns que nos fascinan.

Tamén che pode interesar

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión