Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Cultura Coruña

  • Compartir
  • Añadir a tu agenda
  • Añadir a mi móvil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Programa de Lecer outono 2019 (Fórum Metropolitano)

O PROGRAMA DE LECER DE OUTONO 2019 vén cargado de propostas con actividades que impulsan a formación con accións culturalmente enriquecedoras que utilizan a cidade e todos os recursos que esta nos ofrece.

¿A quién va dirigido?:

Programa enfocado a persoas maiores de 16 anos, con excepción das actividades específicas para nenas/os e adolescentes.

Cuándo:

Desde el 09/09/2019 hasta el 13/10/2019

Dirección:

Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Precio:

30 € por obradoiro (maiores de 65 anos: 21 €)

Organizador:

IMCE

PREINSCRICIÓN: 

Os días 11, 12, e 13 de setembro na conserxaría de Fórum, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h ou por vía telemática cubrindo a folla de preinscrición, tal e como se indica na páxina www.coruna.es/cultura. Neste último caso, será recomendable gardar unha copia dixital da inscrición, co fin de corrixir os erros que se puideren producir. É importante escoller só una das dúas opcións, xa que, en caso de ter preinscricións duplicadas, anularanse.

Todas as prescricións telemáticas que teñan data de envío anterior ás 9.00 h do día 11 ou posterior ás 20.00 h do día 13 non serán tramitadas.

Cada solicitante poderá anotar até catro obradoiros na ficha; deberase ter en conta que na adxudicación respectarase a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante, e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice o sorteo.

Na prescrición presencial, adxudicaráselle directamente a cada solicitante un número que lle servirá para o sorteo. Na prescrición telemática, adxudicaranse os números de forma consecutiva ao peche de cada un dos horarios da presencial.

O 14 de setembro, ás 9:00 h, publicarase a listaxe das preinscricións telemáticas co número de sorteo correspondente, as mesas publícanse pola hora de inscrición e polo DNI. De producirse algún erro, coa copia da preinscrición, emendarase.

* FORMULARIO PREINSCRICIÓNS TELEMÁTICAS 

SORTEO PÚBLICO: 

Luns 16 de setembro, ás 10.00 h, na conserxaría do Fórum. 

NÚMERO RESULTANTE DO SORTEO: 396

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

As listaxes dos obradoiros adxudicados publicaranse o mércores 18 de setembro a partir das 9.00 h, no Fórum, nas distintas webs municipais de Cultura e no servizo telefónico 010.

A partir do número extraído no sorteo, asignaranse as prazas en cada obradoiro.

Outorgaráselles ao maior número de persoas, cando menos, un obradoiro.Adxudicaranse un máximo de dous obradoiros por persoa, salvo nos obradoiros nos que queden prazas vacantes, que se adxudicaran a todas as persoas interesadas.

INSCRICIÓN: 

Os días 18, 19 e 20 de setembro na conserxaría do Fórum, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Para formalizar a inscrición, será necesario aboar en efectivo o importe do obradoiro correspondente.

As prazas adxudicadas só poderán ser ocupadas polas persoas agraciadas no sorteo.

As prazas non pagadas durante estes días outorgaránselles ás persoas en listaxe de agarda.

LISTAXES DE AGARDA E PRAZAS VACANTES: 

As persoas en listaxe de agarda dun obradoiro terán preferencia en ocuparen as prazas non aboadas do dito obradoiro, que serán adxudicadas pola orde do sorteo. Terán preferencia aquelas persoas que non obtivesen ningunha praza.

Realizaremos unha primeira rolda de chamadas telefónicas o 23 de setembro.  Contactaremos só con aquelas persoas que estean nas listaxes de agarda para saber se continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran. De ser así, terán que formalizar a inscrición, pagándoa, o 24 de setembro.

Realizaremos unha segunda rolda de chamadas o 25 de setembro, e as/os interesadas/os terán que formalizar a inscrición, pagándoa, o 26 de setembro.

A partir do 27 de setembro e despois deste proceso, o resto das prazas vacantes poderán ser ocupadas polo público en xeral, que deberá inscribirse e aboalas por orde de chegada, nos horarios indicados anteriormente.

Programa Lecer Outono 2019 (Fórum Metropolitano)

Números de preinscripción telemática en el Fórum Metropolitano

Lista de adjudicaciones Fórum otoño 2019

Buscas algo concreto?

Buscador avanzado

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?