Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de Lecer Fórum Outono 2017

Convocatoria da nova tempada de outono do Programa de Lecer que se oferta no Fórum Metropolitano.

A quen vai dirixido?:

Público en xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/08/2017 ata o 30/09/2017

Xa rematou

Duración:

De outubro a decembro de 2017

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

30 € por taller (maiores de 65 anos: 21 €)

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programa de Lecer Outono 2017 (240 KB)

Listado adxudicacións Fórum Metropolitano (418 KB)

O Programa de lecer que se oferta no Fórum Metropolitano ten por obxecto dar alternativas ao tempo libre da cidadanía levando a cabo propostas innovadoras con actividades que, por unha banda, fomenten a formación da cidadanía con accións culturalmente enriquecedoras utilizando a cidade e todos os recursos que esta nos ofrece, incrementando a demanda cultural e o coñecemento da oferta da cidade, e, por último, fomentar a convivencia e a sociabilidade das persoas participantes.

Poden consultar a oferta de talleres no arquivo pdf que se achega.

Os pasos que hai que dar para poder participar son os seguintes:

- 4, 5 e 6 de setembro --> preinscrición, que se poderá realizar de dúas formas:

  • Na conserxería do Fórum Metropolitano, de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h

  • < >

    Se se quere preinscribir no Fórum Metropolitano, prema aquí.

    Iniciarase o día 4 de setembro a partir das 9.00 h e finalizará o día 6 de setembro ás 20.00 h.

    Todas as preinscricións telemáticas que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.

    O día 8 de setiembre ás 9.00 h publicarase a lista das preinscricións telemáticas co seu número de sorteo correspondente.

    Se varias persoas desexan preinscribirse xuntas para obter números correlativos de cara ao sorteo, deberán cubrir as distintas fichas de forma sucesiva na web, é dicir, un formulario detrás do outro sen cerrar a sesión.

    - 8 de setembro ás 10.00 h --> Sorteo, na conserxería do Fórum. NÚMERO SORTEO: 837

    - 11 de setembro --> Publicación de listaxes no Fórum, en internet e no 010.

    - 11, 12 e 13 de setembro --> Inscrición e abono

    - 14 e 18 de setembro --> Serán chamadas as persoas en lista de espera

    - 15 e 19 de setembro --> Formalización da inscrición polas persoas avisadas da lista de espera

    - A partir do 20 de setembro --> Inscrición libre en talleres con prazas vacantes

    - Inicio dos talleres e os clubs: a partir do luns 25 de setembro

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión