Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de novembro de 2017

Representantes municipais de Barcelona, Cádiz, Tarragona e A Coruña participan mañá na primeira mesa de traballo das xornadas municipais sobre Memoria e Democracia

O alcalde participa na apertura desta iniciativa, que se desenvolve ata o sábado e que se pechará cun roteiro da memoria, entre a Torre de Hércules e o antigo cárcere provincial

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, inaugura mañá, xoves, no Paraninfo da Universidade, as xornadas Memoria e Democracia, que organiza o Concello da Coruña coa colaboración da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, da Universidade da Coruña e da Deputación provincial, e que na súa primeira sesión abordarán distintas experiencias relativas á memoria desde a perspectiva das cidades, nunha mesa na que intervirán o primeiro tenente de alcalde do Concello de Barcelona, Gerardo Pisarello, a concelleira de Cultura de Tarragona, Begoña Floria Eseberri, e o primeiro tenente de alcalde de Cádiz, Martín Vila Pérez, xunto co concelleiro de Culturas da Coruña, José Manuel Sande. Será inmediatamente despois da conferencia inaugural, a cargo do avogado Máximo Castex, e que versará sobre a Querela Arxentina. Xa pola tarde, e a través de dúas mesas coordinadas polo historiador da Universidade de Santiago de Compostela, Emilio Grandío, analizaranse cuestións como como a represión económica.

As xornadas, que continuarán ata o día 18, proseguirán o venres, 17, cunha primeira sesión titulada 'Represión franquista na cidade: Historia e facianas dunha ditadura'. A continuación, Xosé Lois Martínez ofrecerá un parladoiro titulado 'O espolio do patrimonio na cidade'. Na sesión da tarde, en primeiro lugar, celebrarase unha mesa redonda sobre o Pazo de Meirás, que estará moderada polo xornalista Xosé Manuel Pereiro, e na que participarán, entre outros, o edil de Culturas, José Manuel Sande; o alcalde de Sada, Benito Portela, e representantes de grupos que forman parte do Parlamento de Galicia. Por último, outra mesa coordinada por Fernando Souto, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, abordará a cuestión das Oficinas municipais de atención as vítimas do franquismo. As xornadas pecharase o sábado 18 coa Ruta pola Memoria, un roteiro que comezará ás 11.00 horas na Torre de Hércules e que terá diversas intervencións en espazos como o Campo da Rata ou no Memorial Xermolos de Paz e Liberdade, e que se pechará contra as 13.00 horas na contorna do antigo cárcere provincial cun acto no que intervirá a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión