Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ringo Starr & his all Starr Band

Toda unha lenda da música visitaranos o próximo mes de xuño nunha exclusiva xira que pasará unicamente por 4 cidades españolas (Madrid, Barcelona, Bilbao e A Coruña). A pesar dos seus máis de 40 anos de carreira, será a 1ª vez que o músico británico visite España en solitario.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/06/2018

Xa rematou

Horario:

22.30 h

(apertura de portas: 21.00 h)

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

  • Pista de pé (s/n) - 48'00 € gastos
  • Golden Ring (de pé (s/n)) - 75'00 € gastos
  • Tendido baixo (numerado) - 70'00 € gastos
  • Tendido medio (numerado) - 60'00 € gastos
  • Tendido alto (numerado) - 48'00 € gastos

Todas aquelas persoas que accedan ao evento deben facelo con entrada

Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada que se pode descargar na seguinte ligazón: DESCARGAR

Televenda:

Ticketea

Ringo e a súa All Starr Band acaban de rematar a xira americana cunha actuación no emblemático Beacon Theatre de Nova York con todas as localidades esgotadas, do mesmo xeito que foi no resto da xira.

O tour europeo comezará o 6 de xuño noutro recinto mítico como L'Olympia de París e constará de 21 shows que pasarán polas principais capitais en Europa, incluíndo concertos en Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Alemaña, Holanda ou Italia. A última vez que Ringo Starr percorreu Europa foi en 2011.

Como non podía ser doutra forma, en directo o Beatle sempre se rodea dunha banda de luxo, a All Starr Band, pola que nos últimos anos pasaron ilustres músicos compoñentes deTheWho, a E Street Band, Cream ou os Eagles.

Tras 6 anos coa mesma formación, Ringo dá a benvida a Colin Hay (Men at Work) e a Graham Gouldman (10cc), que se unen aos All Starrs Steve Lukather (Toto), Gregg Rolie (Santana, Journey), Warren Ham e Gregg Bissonette (David Lee Roth).

O lendario compoñente dun dos grupos máis importantes da historia repasará un repertorio formado por cancións dos Beatles, as súas propias e algunha sorpresa máis. Cancións emblemáticas, imperecedoiras, que chegaron a varias xeracións e que conformarán un concerto para o recordo.

Desta forma, o Coliseum da Coruña, que conta no seu historial coas actuacións de lendas como Frank Sinatra, Ray Charles, Sting, Paul Simon ou Elton John, por citar só uns poucos, acollerá un concerto que por moitos motivos será histórico.

Galicia vestirase de gala para recibir ao Beatle, todo un referente da música contemporánea, membro da banda máis grande do planeta.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Coliseum: aberto só os días de concerto desde as 17.00 h

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión