Concello da Coruña

Concello da Coruña

Romanorum Vita. Unha historia de Roma

Desde hai anos, os arqueólogos e historiadores dedican unha especial atención a reconstruír a vida cotiá dos pobos antigos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/05/2017 ata o 30/06/2017

Xa rematou

Horario:

-Público xeral: de luns a venres de 12.30 a 14 h e de 17 a 21 h. Sábados, domingos e festivos de 11 a 14 h e de 17 a 21 h.

-Visitas escolares: con cita previa. -Tel. reservas escolas: 902 906 666

-Visitas guiadas: pases cada 15 minutos (último pase 30 minutos antes do peche)

-Outros: visitas guiadas a grupos: de luns a venres, de 9.15 a 12.15 h e de 15 a 16.30 h.

Enderezo:

Pazo dos Deportes da Cidade Deportiva de Riazor. Rúa Manuel Murguía s/n, Bj. 15011 A Coruña

Prezo:

Gratuíta (prazas limitadas)

Achados arqueolóxicos e textos literarios permítennos saber con moita exactitude como se organizaban as cidades e como eran as persoas que vivían nelas. Con todo, mesmo no caso das cidades romanas mellor conservadas, como Pompeya, resulta difícil imaxinar a actividade que se vivía nas rúas: os negocios, os cheiros, as formas de expresión ou a relixiosidade popular; todo o que se cocía arredor dos grandes escenarios do senado, o foro, os teatros ou o circo.

Trátase de viaxar no tempo, coñecer como vivían os homes e as mulleres doutras épocas, participar nas súas actividades e os seus rituais. Entusiásmannos a grandeza e a opulencia da vida imperial e conmóvennos os pequenos detalles que a achegan á nosa propia realidade e fannos sentir herdeiros dunha cultura milenaria. O imperio Romano foi un dos destinos preferidos deste tipo de viaxes, un período fascinante que inspirou novelas, películas e series de televisión.

Romanorum Vita é unha exposición de divulgación histórica pensada para todos os públicos. Convídanos a pasear por unha cidade romana, un día calquera, pouco antes da destrución de Pompeya, no ano 79 d.C., en plena época imperial. E descubrir que os romanos non están tan lonxe de nós...

Esta actividade pertence ao proxecto:

http://www.educaixa.com/-/proxecto-romanorum-vita

Atoparás máis información en: www.romanorumvita.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión