Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ruth Lorenzo

Ruth Lorenzo embarca a súa nova xira de concertos por España para presentar o seu esperado segundo disco, 'Loveaholic'.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/02/2018

Xa rematou

Horario:

21:30 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo 16 € anticipada e 18 € o día do espectáculo

Tras uns anos cheos de éxitos (o seu álbum debut 'Planeta Azul' foi o terceiro disco máis vendido da semana, alzarse como a flamante gañadora de 'Tu cara me suena' e dúas xiras de concertos) Ruth tomou un tempo para compoñer o seu segundo disco.

Todo empezou coa súa exitosa participación en Eurovisión 2014 representando a España e, en apenas tres anos, Ruth postulouse como unha das voces máis potentes de España. Nos seus concertos conta as súas historias en forma de cancións que che chegarán á alma, xa que se deixa a pel canción tras canción. "Eu son unha artista de directos e cantar fronte a un público é o que máis me gusta facer nesta vida" confesa a polifacética cantante. Xa sexa unha canción cantada a piano e voz ou un enerxético tema acompañado pola súa banda, Ruth Lorenzo non te deixará indiferente. 'Loveaholic' (adicta ao amor) relata a relación que ten a cantante e compositora co amor e o desamor e son historias persoais e universais á vez, coas que todos nos podemos sentir identificados. Ruth, ademais, converteuse nun dos rostros máis coñecidos da nosa televisión tras o seu papel como xurado no talent show 'Levántate' de Telecinco e as súas memorables actuacións en programas como 'Tu cara me suena', 'Pequeños gigantes' ou 'Fantastic Duo'. En redes sociais acumula máis de 400.000 seguidores.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só o día do espectáculo desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) - web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión