Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sala Fernando Rey - Saíndo da fábrica

X Ciclo de cinema obreiro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/05/2017 ata o 27/05/2017

Xa rematou

Horario:

* Xoves 20.30 h; venres 20.30 h; sábados ás 17.30 e 20.30 h

** Pídese puntualidade (unha vez comezada a proxección, non se permitirá o acceso á sala)

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3,00 euros (+65 anos, carné xove ou persoas desempregadas: 2,00 euros)

Sesións do espectador: sábados ás 17.30 h. PREZO ÚNICO: 1,50 €

* Para acceder aos descontos é imprescindible presentar o documento que acredite ser beneficiario del.

Organiza:

IMCE

Contacto:

981 184 293

Documentos:

Programación completa maio (3 MB)

Quen nos ia a dicir que este ciclo que comezou como unha tentativa de mostrar o cinema onde as traballadoras e traballadores foran os protagonistas e retomar a experiencia dos cine forum vai cumprir 10 anos, pero aquí estamos.

Nestes 9 anos mais de 1100 persoas participaron dos venres de debate e máis de 3000 puideron ver as películas programadas. Non se trata de números, tratase de traballadores e traballadoras que viñeron ver e falar sobre a súa realidade proxectada no cinema. A todas elas moitas grazas.

Tamén, este ano quero voltar a agradecerllelo ás traballadoras e traballadores convidados aos debates dos venres, achegando a súa experiencia e compartindo co público unha realidade que escapa da pantalla de cinema, para mostrarnos unha realidade incómoda chea de explotación.

Non quero deixar pasar a ocasión de  lembrar a dous grandes sindicalistas que estiveron na presentación de películas e nos debates, e que hai catro e tres anos que nos deixaron fisicamente, pero non nos nosos recordos; para Xose Lois Muruzabal Arlegui  e para Xose Lois Martin Freire "Paio" vai adicado estes 10 anos de "Saíndo da fábrica".

Tamén llelo quero agradecer ás traballadoras e traballadores do Fórum Metroplitano pola súa axuda incansable, dende as traballadoras da limpeza aos traballadores de recepción, dende o traballador proxeccionista até as traballadoras que venden as entradas, a directora e en especial a programadora dos ciclos polo seu traballo de rastrexo das películas e o seu apoio, moitas grazas a todas e todos. Agardo que continuemos moitos anos máis.

Por iso, este ano para celebrar o 10º aniversario do ciclo, mostraremos na primeira semana de forma gratuíta un clásico do cinema obreiro titulado Tout va bien de J.L. Godard, así mesmo, seguiremos coa proxección de varias películas que nos ensinan realidades da nosa vida. E por suposto continuaremos cos debates dos venres para poder discutir a nosa realidade e buscar saídas a este sistema de explotación.

A todas e todos moitas grazas e que gustedes moito deste 10º aniversario do ciclo de cinema obreiro "Saíndo da fábrica".

Adolfo Naya

11, 12 e 13 de maio

ANGST ESSEN SEELE AUF de Rainer Werner Fassbinder

Intérpretes: Brigitte Mira e El Heidi Ben Salem

Alemaña, 1974 - 93 min (V.O.S. en castelán) Formato: 35 mm

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 13 ANOS

18, 19 e 20 de maio

I DANIEL BLAKE de Ken Loach

Intérpretes: Hayley Squires e Sharon Percy

Reino Unido, 2016 - 110 min (V.O.S. en castelán) Formato: Bluray

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS

25, 26 e 27 de maio

PRIDE de Mattew Warchus

Intérpretes: Ben Schnetzer e Mónica Dolan

Reino Unido, 2014 - 120 min (V.O.S. en castelán) Formato: 35 mm

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 7 ANOS

Venda de entradas

- Despacho de billetes Fórum Metropolitano: media hora antes de cada pase, sempre que queden entradas dispoñibles

- Venda anticipada: na conserxería do Fórum Metropolitano de luns a venres de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h; sábados de 10.00 a 13.00 h

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión