De Ste Xeito Producións
Para público en xeral
21/09/2018
Xa rematou
21.00 h
75 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)
Margot, a nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa de súa filla, a un océano de distancia. Mais o que parecía unha idea xenial que axudaría a xuntar unha familia desestruturada desde sempre, logo transfórmase en desastre. Como acolle unha filla o retorno da nai? Quen é a nai e quen é a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar ata que esta bomba de reloxería explote definitivamente? Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino e ácido, que as cousas case nunca son o que parecían, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo que o amor é unha ferramenta de dobre fío: canto máis se ama máis se sofre.
Dirección e dramaturxia: Esther F. Carrodeguas
Intérpretes: Josi Lage e Stephy Llardora
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Fórum Metropolitano: só abre os días de función desde unha hora antes se hai entradas dispoñibles.
Televenda: 902 044 226 ou web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible