Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Strangers on a train" de Alfred Hitchcock

Inspirada na novela homónima de Patricia Higsmith.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/06/2018 ata o 16/06/2018

Xa rematou

Horario:

xoves 20:30 h, venres 20:30 h, e sábado 17:30 e 20:30 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3,00 € (carné xovo + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

Sesión do espectador (sábado 17:30 h): prezo único 1,50 €

Contacto:

981 184 293

forum@coruna.es

Documentos:

Programa completo en castelán (895 KB)

Programa completo en galego (913 KB)

Durante unha viaxe en tren, Guy, un mozo campión de tenis (Farley Granger), é abordado por Bruno (Walker), un rapaz que coñece a súa vida e milagres a través da prensa e que, inesperadamente, lle propón un dobre asasinato, pero intercambiando as vítimas co fin de garantirse reciprocamente a impunidade. Así poderían resolver os seus respectivos problemas: el suprimiría a muller de Guy (que non quere concederlle o divorcio) e, a cambio, Guy debería asasinar o pai de Bruno para que este puidese herdar unha gran fortuna e vivir ao seu aire.

Con Robert Walker e Ruth Roman

EE.UU. 1951 - 101 min (VOS.en castelán) Formato: 35 mm

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 13 ANOS

VENDA DE LOCALIDADES

Venda anticipada: na conserxería do Fórum, de luns a veres de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h; sábados de 10.00 a 13.00 h

Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión