Concello da Coruña

Concello da Coruña

Strazz & Los Zeta

Strazz volve nun formato de solista con banda, rompedor e un espectáculo de luces, baile e fantasía que non deixa indiferente a ninguén.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/11/2018

Xa rematou

Horario:

22:00 h

* Pídese puntualidade. Unha vez comezada a proxección, non se permite o acceso á sala.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Nenos/as: 5,00 euros

Persoas adultas: 15,00 euros

Tras unha dilatada carreira profesional na que Strazz chega aos núm. 1 de diferentes listas de éxitos, percorrendo España e parte do estranxeiro; agora renace cun novo traballo: Kronus, que presentará por todo o territorio nacional nunha xira coa súa banda Los Zeta.

Neste novo espectáculo, Jose en solitario toma a batuta da banda Los Zeta para realizar xuntos unha viaxe por 17 universos nos que o deus Kronus, traveso e malvado, encarnado en Strazz, loita por conseguir que o tempo mecánico domine os seres de todos os planetas.

Esta loita preséntase en forma de danza cunha espectacular posta en escena que dá paso a un espectáculo musical brillante e moi potente.

Durante o concerto, Strazz e Los Zeta fan un percorrido polo último traballo de estudo de Strazz: Kronus, salpicado cos temas máis coñecidos da carreira do grupo, como Elecktroshock, que o situou no máis alto das listas nacionais, dándose a coñecer a nivel internacional polo seu son diferente e unha estética rompedora.

VENDA DE LOCALIDADES

En: https://k-ra.be/kronuslive

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión