Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiros Monográficos

Obradoiros didácticos de verán no Museo Arqueolóxico e histórico Castelo de San Antón 2017

A quen vai dirixido?:

Nenos e nenas de 5 a 12 anos

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

Dende o 15/07/2017 ata o 19/08/2017

Xa rematou

Inscricións:

Apertura de prazo de inscrición: mércores 5 de xullo.

Horario:

Sábados ás 12:00 h

Duración:

1,5 h

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2. 15001 A Coruña

Requisitos:

Inscrición previa por orden de reserva ata completar prazas: 981189850 (de 10:00 a 20:00 h.)

Apertura de prazo de inscrición: mércores 5 de xullo.

Xullo: 15, 22 e 29

Agosto: 5, 12 e 19

Recomendacións: roupa cómoda, gorra, botella de auga e protección solar (as actividades se farán ao aire libre).

Organiza:

Museo Arqueolóxico

Contacto:

981 189 850

museo.arqueoloxico@coruna.es

1. Sábado 15 de xullo:

A PREHISTORIA: OBXECTOS ORNAMENTAIS. As nenas e nenos entrarán en contacto cós modos de vida da Prehistoria e coñecerán os obxectos ornamentais e os enxovais característicos deste período. A continuación realizarán os seus propios abelorios empregando as técnicas e os materias utilizados na prehistoria.

2. Sábado 22 de xullo:

A VIDA DOS ROMANOS: PINTURA MURAL. Tras visitar a exposición temporal do museo, que xira en torno á Domus romana atopada no castro de Chao Samartín, os nenos coñecerán a vida e costumes da época romana para logo reproducir un fragmento dunha pintura mural atopada nesta domus.

3. Sábado 29 de xullo:

XOIAS CASTREXAS: OS TORQUES. Os asistentes visitarán a sala da Idade do Ferro na que coñecerán diferentes exemplos de xoias castrexas, para a continuación elaborar o seu propio torques.

4. Sábado 5 de agosto:

MOSAICOS ROMANOS. Despois dunha breve explicación sobre a técnica musivaria e logo de coñecer varios exemplos no museo, os participantes elaborarán un mosaico empregando os patróns e as teselas que se lles proporcionan.

5. Sábado 12 de agosto:

OLERÍA CASTREXA. Tras unha visita ás sala da Idade do Ferro para coñecer a evolución da olería castrexa, experimentarán coas súas propias mans as técnicas decorativas presentes nesta cerámica.

6. Sábado 19 de agosto:

OS PRIMEIROS TECIDOS. Nesta actividade se presentarán as técnicas e materias empregados para elaborar os tecidos dende o Neolítico ata a Idade do Ferro. A continuación os participantes farán a súa propia fusaiola e fuso para logo fiar e tecer.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión