Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tamara Feijoo - Epílogo de paisaxe e nubes

Comisario: Alberto Carton

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/11/2017 ata o 01/04/2018

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Partindo de tres obras de Luis Seoane, Paisaje y nubes, Galicia e S/T, unha xilografía e dúas augadas realizadas na década dos sesenta, leva a cabo unha intervención específica na que establece unha conexión entre diferentes espazos do interior e o exterior da Fundación Luis Seoane

 O interese da artista por estas tres de pezas vai alén do estudo e análise formal dos procedementos técnicos principais empregados por Seoane, como son a pintura, o gravado ou o debuxo. Feijoo decántase pola capacidade do creador galego para idealizar e sintetizar a paisaxe a través de manchas e expresivos planos de cor, habilidade a artista incorpora aos recursos estéticos que emprega para elaborar as pezas que conforman esta mostra, dando lugar a unha serie de paisaxes interiores onde as superposicións de planos e as ensamblaxes de soportes dan forma a unhas estruturas que trascenden o espazo expositivo, creando ao mesmo tempo un elemento de fuga cara esa mestura de mar, ceo e pedra que rodea o edificio da Fundación.  Epílogo de paisaxe e nubes, comisariada por Alberto Carton (A Coruña, 1968), establece asimesmo unha conexión co ciclo Crónicas desde a Seoane, iniciado en 2014, no que se convidaba a novos creadores galegos a elaborar un proxecto partindo da obra de Luis Seoane, e no que, ao longo dos últimos anos participaron artistas como Misha Bies Golas, Damián Ucieda, Tatiana Medal, e, máis recentemente, Kiko Pérez e Carlos Maciá.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión