Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tanatorium de Félix Albo

Un home chega á entrada dun tanatorio xusto no momento en que se vai a luz...

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/03/2019

Xa rematou

Horario:

21:00 h

* Pedir puntualidade. Non se permitirá o acceso á sala unha vez comece a función.

Duración:

75 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 7,00 euros)

Deberán ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto onde terá lugar o espectáculo.

As persoas beneficiarias de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada de acceso ao teatro.

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Contacto:

981 184 293

Documentos:

Dossier Sen Numerar Primavera 2019 (882 KB)

A escuridade, o forzado silencio e a incómoda humidade que se respira no vestíbulo evócalle un soliloquio co que percorre trazos de distintas vidas ata chegar á súa propia.

Personaxes díscolos, como non (un tío avó coa súa parella de Almansa, un grupo de adolescentes punkys con moto, unha rapariga na beira dunha estrada...), que provocan situacións non menos disparatadas.

O público, envolto na historia, reacciona con empatía cara á voz que lles conta, e mira cos ollos grandes todo o que vai experimentando.

Moitas gargalladas, algunha situación basta superada con habilidade, tenrura e humor e tamén preguntas. O espectáculo enche o público de moita risa, emoción e tamén preguntas ás que ninguén ten obriga de contestar.

Sobre o escenario póñense a bailar como parella a vida e a morte ao ritmo e son que as risas do público marcan.

Todas as vidas deberían acabar bailando así.

Autoria, dirección e interpretación: Félix Albo

Idioma: CASTELÁN

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión