Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo Público outono 2017

Tedes nas vosas mans a programación desta temporada para público familiar, pensada para maiores de 3 anos, unha completa selección de espectáculos para iniciar as nenas e os nenos en mundos creativos, para internarse en imaxinativos territorios para a sensibilidade, a memoria emotiva, o adestramento afectivo e a descuberta da beleza e a arte.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/10/2017 ata o 12/12/2017

Xa rematou

Horario:

sábados ás 18.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6.00 euros

Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 15,00 euros

Menores de 3 anos: 2,00 euros

DEBERÁN TER ENTRADA TODAS AS PERSOAS QUE ACCEDAN AO ESPAZO NO QUE TERÁ LUGAR O ESPECTÁCULO.

Televenda:

Ticketea

Contacto:

981 184 293

O teatro ofrécelles ás crianzas unha oportunidade para medraren, para viviren unha experiencia que as involucra no seu desenvolvemento completo como persoas, a nivel físico, cognitivo, emotivo e de relacións. Mais tamén nos ofrece a nós, as persoas adultas, a posibilidade de volvermos facer uso de códigos que usamos e máis tarde esquecemos pero que están aínda aí a agardaren unicamente a ser sacados de novo á luz.

Todos os espectáculos teñen pases para público de centros educativos en horario lectivo e un pase o sábado pola tarde para público familiar. Que mellor opción que gozarmos e compartirmos cos nosos fillos e coas nosas fillas unha fin de semana variada que faga florecer o seu pensamento creativo!

VÉMONOS NO TEATRO!!

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Fórum: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión