Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo Público Primavera 2018

Tedes nas vosas mans a programación desta temporada para público familiar, pensada para maiores de 3 anos, una completa selección de espectáculos para iniciar as nenas e nenos en mundos creativos, para internarse en imaxinativos territorios para a sensibilidade, a memoria emotiva, o adestramento afectivo e a descuberta da beleza e a arte.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

Os días 27/01/2018, 24/03/2018, 14/04/2018, 12/05/2018

Xa rematou

Horario:

* Todas ás funcións ás 18:30 h

- Pídese puntualidade. NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMECE A FUNCIÓN

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6.00 euros

Abono 3 : (3 entradas para a mesma función) 15.00 euros.

Menores de 3 anos:  2.00 euros

- Todas aquelas persoas que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Contacto:

981 18 42 93 (Fórum Metropolitano)

Documentos:

Programación primavera 2018 (1 MB)

O teatro ofrécelles ás crianzas unha oportunidade para medraren, para viviren unha experiencia que as involucra no seu desenvolvemento completo como persoas, a nivel físico, cognitivo, emotivo e de relacións. Mais tamén nos ofrece a nós, as persoas adultas, a posibilidade de volvermos facer uso de códigos que usamos e máis tarde esquecemos pero que están aínda aí a agardaren unicamente a ser sacados de novo á luz.

Todos os espectáculos teñen pases para público de centros educativos en horario lectivo e un pase o sábado pola tarde para público familiar. Que mellor opción que gozarmos e compartirmos cos nosos fillos e coas nosas fillas unha fin de semana variada que faga florecer o seu pensamento creativo!

VÉMONOS NO TEATRO!!

27 de xaneiro ás 18:30h

"Caperucita: lo que nunca se contó" e Teloncillo - Valladolid

3 de febreiro ás 18:30 h

O conto da Azuzaina de Limiar Teatro - Galicia  

24 de marzo ás 18:30 h

Danza da choiva de Elefante Elegante - Galicia  

14 de abril ás 18:30 h

O secuestro da bibliotecaria de Sarabela Teatro - Galicia 

12 de maio ás 18:30 h

Garbancito en la barriga del buey  de La gotera de Lazotea- Andalucía  

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes do Fórum: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión