Programación para público familiar, pensada para maiores de 4 anos.
Maiores de 4 anos
Familias
Dende o 02/02/2019 ata o 01/06/2019
Xa rematou
18:30 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada: 6,00 euros
Abono 3 (3 entradas para a mesma función) 15,00 euros
Menores de 3 anos: 2,00 euros
* Todas as persoas que accedan ao espazo onde terá lugar a representación deberán facelo con entrada.
IMCE
981 184 293
Unha completa selección de espectáculos para iniciar os nenos e as nenas en mundos creativos, para internarse en imaxinativos territorios para a sensibilidade, a memoria emotiva, o adestramento afectivo e o descubrimento da beleza e da arte.
O teatro ofrécelles aos nenos e ás nenas unha oportunidade para crecer, para vivir unha experiencia que involucra o seu desenvolvemento completo como persoas, a nivel físico, cognitivo, emotivo e de relacións. Ademais ofrécenos a nós, as persoas adultas, a posibilidade de volver facer uso de códigos que usamos e máis tarde esquecemos, pero que están aínda aí agardando unicamente a ser sacados de novo á luz.
Que mellor opción que gozar e compartir cos nosos fillos e fillas un espectáculo que faga florecer o seu pensamento creativo!
VÉMONOS NO TEATRO!
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible