Concello da Coruña

Concello da Coruña

Transformar a arquitectura de Nicolás Combarro

Esta selección de traballos dos últimos anos parten dun labor de observación e documentación de arquitecturas industriais ou en estado de latencia construtiva. Espazos que se empregan como lenzos para realizar intervencións a través de estruturas pictórico-escultóricas.

A quen vai dirixido?:

público en xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/09/2016 ata o 25/11/2016

Xa rematou

Horario:

Luns a venres

11.00 a 14.00 h

17.00 a 21.00 h

Enderezo:

Galería Vilaseco. Rúa Padre Feijoo 5, 1º. 15004 A Coruña

Os materiais de intervención proveñen, na súa maioría, de restos de construción abandonados. Estes cascallos posúen unha memoria e unha estética (forma, cor, volume). Descontextualizados e alterados, son dotados dun novo presente.

As obras presentadas en pequeno formato (serie Colaxe Urbana) son pequenas ensamblaxes escultóricas que nos permiten entender a natureza dos elementos de base e a súa combinación, ata atopar un punto de forza-equilibrio.

As obras que se presentan en gran formato empregan estes refugallos reciclándoos para reconstruílos nun novo contexto arquitectónico, xerando un diálogo horizontal co espazo en disposición e escala.

Re_construción é unha das series resultantes deste proceso no que prima o traballo cos materiais, modificados en cor e forma para encaixar nun composición pictórica, e a súa instalación en espazos industriais, buscando a harmonización entre contido e continente.

O proceso finaliza coa fotografía da intervención, a partir dun traballo sobre a luz e o punto de vista, buscando a tensión nun desequilibrio controlado da localización dos elementos na arquitectura e a dualidade entre as tres dimensións do espazo e as dúas dimensións da fotografía.

A obra resultante, presentada en gran formato, aglutina todo este proceso e permítelle á persoa espectadora internarse na experiencia da transformación da arquitectura.

Nicolás Combarro

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión