Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: Alma, non era hippie

Danza - performance

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/03/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

A L M A non cre na reencarnación, pensa que non fai falta ser tan hippie. A L M A di que sen os demais, sen o outro, calquera deixaría de existir. A L M A non se cre espiritual, senón que se sente así porque inspira e expira, inspira e expira. A L M A di que a A L M A non é unha realidade sensible e, polo tanto, non pode ser estudada pola ciencia. Teno claro.

ALMA sabe que a danza é abstracta, por iso, sempre que hai un oco entre movemento e movemento métese dentro, baila sen control, deixa saír a tolemia, expóñense sen medo á mirada de todos. Di que se non se fai así teríase perdido para sempre o lume que habitan as cousas. ALMA é un proxecto de Danza e Voo #vertical que comeza a a súa investigación internándose na poética que se pode xerar ao estudar e comprender a fisicalidade dun obxecto aparentemente moi sinxelo: Unha corda que colga do ceo dun teatro. ALMA (non é hippie), é o primeiro espectáculo de Danza Vertical de Galicia, unha produción do Colectivo Verticalia, ou o que é o mesmo, das compañías Duelirium e Traspediante, co apoio de Pistacatro. ALMA (non é hippie) investiga nas diferentes percepcións sobre unha mesma realidade, os diferentes puntos de vista e, polo tanto, sobre o aparente e as aparencias desde a linguaxe da danza contemporánea, a verticalidade e o movemento.

Dirección e dramaturxia: Rolando San Martín Intérpretes: Marta Alonso, Raquel Oitavén, Paula Quintas e Mertxe Solé.

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/entradas-danza-alma-non-e-hippie-teatro-rosalia-castro/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión