Grande estrea baixa a dirección de Patricia Ruz
Para público en xeral
28/04/2017
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
10'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%).
*As persoas abonadas do Ciclo Principal Primavera 2017 poderán gozar dun desconto do 25% no prezo da localidade.
Green é un espazo para respirar coa vista e contemplar cos oídos. Un traballo sobre a esperanza, a necesidade de espazo, a liberdade e a conciencia do tempo.
Un lugar ordinario onde ocorren cousas extraordinarias. Unha cor chea de imaxes. Un estar, unha maneira de entender o tempo. A espera de non esperar nada. Un abrir os brazos e deixarse caer cara atrás. Unha sensación de espazo onde todo se integra.
Green é un espectáculo de danza teatro dedicado ao noso planeta en agradecemento a todo o que nos dá a súa natureza, fronte ao humano que constrúe e destrúe. Unha mirada a un espazo interno e externo ao mesmo tempo que nos ofrece unha reflexión sobre o lugar que habitamos dentro e fóra.
Oito intérpretes mergúllanse no verde para mostrarnos diferentes paisaxes sobre a vida. Cadros de humanidade. Catro homes e catro mulleres en escena póñense ao servizo da cor e do espazo, viaxando neste observatorio calidoscopio que ofrece pequenos mundos polos que transcorrer.
Green é tempo de vivir a enerxía do sol, pasar pola choiva, as tormentas, os terremotos, o vento, a auga, as plantas, a matemática, a física, a astroloxías... pero en realidade é unha maneira de entender o infinito dentro de un mesmo. Unha sensación sen palabras pero con moitas visións que todas chegan a un mesmo lugar. Green é dar espazo á posibilidade.
Green es TI.
Dedicado á terra. Un lugar que poida que estea enfermando, ou somos nós os enfermos deste planeta os que andamos esnaquizando?
Intérpretes: Ana Erdoainz, Ana Almeidarosa, Alberto Romera, David Picazo, Ismeni Espejel, Manu Benítez, Jesús Barranco, Patricia Ruz.
Dirección e coreografía: Patricia Ruz
Produción: Demolecula
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226 - web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible