Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: Oasis paraíso

Fórmano tres pezas: Barba inguinal; As vacacións máis longas; 2419CJX.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/09/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

Oasis Paraíso é un programa triplo composto por distintos traballos que foron desenvolvidos durante o programa de Residencias Paraíso 2017, un programa de residencias artísticas para as artes vivas en Galicia impulsado polo Colectivo RPM co apoio do AGADIC.

A velada comeza co traballo en proceso <2419 CJX> de Begoña Cuquejo e María Roja. Unha proposta que explora as formas de vida actuais, particularmente no obrigado nomadismo que estas parecen abocar os corpos. Á vez, entrelázase unha reflexión sobre a violencia estrutural e de xénero que subxace nos conceptos tradicionais do verbo casar e do substantivo casa, comparándose con ela a través do accionar disidente de dous corpos de sexo feminino en escena, ata derivar nunha tentativa por parte das actuantes de construír no espazo escénico unha sorte de casa eventual que cohabitar co público presente.

Con As vacacións máis longas, Diego M. Buceta toma a substitución da noite. Igual que Allen soñaba con Rockland e cunha longa viaxe polo mar ata a porta da súa casa de campo na noite de Occidente, el soña con chegar despois dunha longa travesía até esa paisaxe rochosa onde xa non soa máis que o zoar do vento. Un saco de ósos que vaga arrastrado como un cadáver vivo que busca elevarse ata desaparecer, mesturándose co po e coas estrelas. E así deixar de ser algo. E así ser felizmente parte de todo.

Para finalizar este programa triplo, Ailén Kendelman e Areta Bolado convértense en Peluda Queen e Dona Lambecricas en Barba Inguinal, un proxecto de reggaetón feminista intereseccional que nace como filla bastarda do reggaetón machista comercial. Esta proposta de música e movemento xorde da necesidade persoal e artística das creadoras de dar unha resposta á violencia patriarcal do noso contexto desde unha óptica de feminismo radical. Barba Inguinal é corpo, música e activismo.

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión