Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: "Si pudiera hablarte de ésto no haría ésto"

Danza contemporánea

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/06/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

9'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

*Abono inclúe a compra conxunta dun mínimo de 6 espectáculos do TRC danza 2017, -25%

Televenda:

Ticketea

De Janet Novás Rodríguez

Náceme, sáeme, necesita saír e manifestarse. Non sei que é, nin como se chama, só sei que existe e quere ser visible... Quere falar e ser, ser algo tanxible para poder ser certo e verdadeiro á mirada allea e á miña propia mirada. Quere manifestarse desde unha imaxe, desde o son, desde o silencio. Quere nacer aínda que morra nese instante. E eu estou ao servizo para que iso suceda.

Novás é unha das figuras máis destacadas da danza contemporánea española dos últimos tempos. Coas súas creacións, de toque experimental, soubo crear unha linguaxe propia, empregando o corpo como ferramenta e dotando as súas montaxes dun forte contido emocional, que serve de contrapeso á estudada sinxeleza estética das súas postas en escena.

Elenco: Janet Novás

Dirección: Janet Novás

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión