Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tulitikkutehtaan tyttö de Aki Kaurismäki

A vida dunha moza calquera que traballa nunha fábrica nun posto mecánico e alienante. Cando chega a noite trata de combater a súa soidade e atopar persoas coas que relacionarse. Pero non é fácil.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/07/2017

Xa rematou

Horario:

Xoves 6 de xullo ás 22.30 h

* Pídese puntualidade (unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala)

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3´00 euros (carné xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2´00 euros)

* Para acceder aos descontos é necesario presentar o documento que acredite ser beneficiario del.

Contacto:

981 184 293

Documentos:

Programación CINENTERRAZA 2017 (1 MB)

Adaptación sui generis do conto de Hans Christian Andersen, a película é unha das mostras máis depuradas do estilo Kaurismaki, mestura de laconismo, humor negro e unha depuración extrema de todos os elementos que compoñen unha película. O resultado, a partir da frialdade máis absoluta, é abrasador.

Invitada: ÁNGELES HUERTA (Realizadora. Despois de realizar unha serie de curtametraxes, estuda na Met Filme School de Londres. O ano pasado roda a súa primeira longametraxe, "Esquece Monelos" Nestes momentos está escribindo o guión da súa seguinte película, adaptación dun relato de Méndez Ferrín).

VENDA DE ENTRADAS:

- VENDA EN DESPACHO DE BILLETES: media hora antes de cada proxección (só se quedan entradas dispoñibles)

- VENDA ANTICIPADA: na conserxería do Fórum Metropolitano, de luns a xoves de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 h a 20.00 h

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión