Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Usted está aquí. 20 años de Recetas Urbanas"

Durante máis de dúas décadas, o estudo de arquitectura Recetas Urbanas, dirixido polo arquitecto sevillano Santiago Cirugeda, desenvolveu un labor constante de definición e redefinición do espazo público, cuestionando a súa xestión, uso e constitución a través de proxectos que xiran arredor de reivindicacións políticas de interese educativo, económico, sanitario, cultural ou contracultural, empregando como principais ferramentas dos seus procesos e protocolos a autoconstrución, a reutilización de materiais, a participación cidadá e o deseño colectivo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/07/2018 ata o 18/11/2018

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

A exposición "Usted está aquí. 20 años de Recetas Urbanas", unha coprodución da Fundación Luis Seoane e o MUSAC Museo de Arte Contemporánea de León, comisariada por Recetas Urbanas e Elvira Dyangani Ose, busca situar a persoa usuaria no contexto, tempo e espazo dunha experiencia colectiva que ten como punto de partida a propia sede que acolle o proxecto, situando o individuo dentro da dita institución, na cidade que a acolle, a provincia, a comunidade autónoma etc., poñendo á súa disposición unha serie de recursos que lle permitan dar resposta a necesidades e problemáticas concretas en relación coa súa contorna. Para iso, levarase a cabo unha intervención nas salas da Fundación na que se construirá un espazo central que fará as veces de estudo, xunto ao que se exhibirán e poñeranse a disposición das/os usuarias/os material audiovisual e documentación diversa -planos, fichas de montaxe, cadernos de apuntamentos, correspondencia con varios axentes, dossiers de proxectos, orzamentos, invitacións, debuxos, fotografías etc.-, en versión orixinal e facsímile, de varios traballos que constitúen a traxectoria de máis de vinte anos de práctica arquitectónica. "Usted está aquí" presenta ademais o material correspondente a catro casos de estudo, catro proxectos recentes que ilustran a metodoloxía de traballo de Recetas Urbanas: a aula de Convivencia do CEIP Europa en Dos Hermanas, Sevilla, o proxecto Habitar el Aire para as Naves de Matadero de Madrid; Basilea, un proxecto colectivo para a edición deste ano da feira de arte Art Basel e La Montaña Verde en De Coninckplein, Anveres. Concibidos con obxectivos moi diferentes e atendendo ao contexto local no que se sitúan, estes catro exemplos, xunto con outra documentación e aparato do estudo, presentan unha mirada introspectiva ao seu modus operandi, e permítenlle ás persoas espectadoras explorar os varios aspectos do proceso de formulación, produción e execución de cada proxecto nunha proposta de coñecemento colectivo no que os modos de facer, aprender e gozar son inseparables uns doutros.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión