Concello da Coruña

Concello da Coruña

Vicente Amigo

Vicente Amigo conmemora os seus 25 anos de carreira coa publicación do seu oitavo álbum de estudio, "Memoria de los sentidos".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/12/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h (Apertura de portas: 20.00 h).

* Pídese puntualidade, unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña

Prezo:

18'00, 28'00, 35'00 €

Con el, o virtuoso compositor e guitarrista, un dos artistas máis recoñecidos e influentes no seu xénero, regresa ás súas raíces, ao flamenco máis tradicional, o terreo mítico do que xorde a súa arte, ese que con tanta mestría e en tantas ocasións lle deu argumentos para a mestizaxe e a oportunidade de compartir escenario con artistas da magnitude de Paco de Lucía, Joe Cocker ou Bob Dylan.

Distinguido en decembro pasado coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e cualificado por Pat Metheny -pouca broma- como «o mellor guitarrista do mundo», o cordobés Vicente Amigo chega á Coruña para mostrarnos o seu toque elegante, melódico e, sen dúbida, doutra dimensión. 34 anos despois de facer de aprendiz con Manolo Sanlúcar, este gran poeta das seis cordas e amigo da alma de Paco de Lucía continúa enriquecendo o vocabulario da guitarra flamenca e achegando novos valores ao que significa esta música no século XXI con discos feitos con tanta determinación como Tierra (2013), coproducido con Guy Fletcher, dos Dire Straits.

Un dos grandes mitos do flamenco en data única en Galicia.

Con cada entrada, de agasallo un DVD de Vicente Amigo: "Patios de Córdoba". A entrega de DVD´s realizarase ao final do evento. Conserva a entrada ata o final do espectáculo.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Palacio da Ópera: día do concerto de 11.00 a 14.00 e de 17.00 ata o inicio do concerto

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión