Concello da Coruña

Concello da Coruña

Viñetas desde o Atlántico

Viñetas celebra os seus primeiros vinte anos cunha reivindicación formal da súa quintaesencia galega, esa identidade que é marca da casa do Salón do Cómic da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/08/2017 ata o 13/08/2017

Xa rematou

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Xardíns de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Prezo:

A entrada ás exposicións e conferencias, e o acceso á feira e as súas actividades son totalmente gratuítos.

Un salón, de carácter internacional, que se converteu nun dos máis respectados que existen hoxe en día. Un referente.

O Salón Internacional do Cómic auspiciado polo Concello hai dúas décadas, abre as súas portas o próximo 7 de agosto cunha homenaxe aos autores e autoras que foron pasando polo Quiosco Alfonso e o resto das salas que acollen tradicionalmente o festival. Incluída a vella Autoridade Portuaria, a primeira sede que tivo Viñetas ata que foi demolida en 2002.

"A banda deseñada galega en vinte anos de Viñetas" é tamén unha exposición nova, conceptualmente falando. Por primeira vez, o público que asista este verán ao Salón coruñés terá ante si unha mostra retrospectiva-comparativa da evolución deses autores/as que foron recalando na cidade (sala de exposicións Afundación). Son nomes imprescindibles da escena actual do cómic galego. En concreto, Fran Jaraba, Fernando Iglesias, Xaquín Marín, DasPastoras, Fran Bueno, Alex Cal, Emma Ríos, Víctor Rivas, David Rubín, José Domingo, Fausto Isorna, Jano, Martín Romero e Ramón Marcos.

Á marxe, o vigués Kiko da Silva, autor multipremiado e director da Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración "O garaxe hermético", contará coa súa propia mostra. Poderase visitar no Quiosco Alfonso.

Outra das novidades que trae a edición número vinte do Salón Internacional é a programación dun espectáculo audiovisual co cómic como protagonista. Trátase do "Black Dog, the dreams of Paul Nash" de Dave McKean, unha sesión de música en vivo con proxección simultánea das imaxes que ilustran a novela gráfica que publicou McKean arredor do británico Paul Nash, un dos nomes claves no nacemento dos movementos modernista e surrealista. Terá lugar o propio día da inauguración, luns 7 de agosto, na Fundación Barrié.

O acceso ao espectáculo "Black Dog" será mediante invitación. Aínda así, as ilustracións que compoñen a obra do polifacético McKean (músico, debuxante, guionista) inspirada en Nash, si se poderán visitar durante todo Viñetas na sala municipal de exposicións Palexco.

O amplísimo conxunto de exposicións, artistas invitados, e charlas e conferencias pretenden dar unha visión o máis ampla posible do mundo do cómic internacional. Estas actividades eminentemente culturais compleméntanse coa feira de libreiros e editores. Tamén nela se realizan presentacións de novidades editoriais e actividades lúdicas.

Web: http://www.vinetasdesdeoatlantico.com/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión