Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xeografía, memoria e capital cívico - Residencias

Residencias

A quen vai dirixido?:

A residencia está dirixida a estudantado ou profesionais do ámbito da arte, socioloxía, antropoloxía, historia, arquitectura, urbanismo, filosofía, cinema, etc., e en xeral a todas aquelas persoas interesadas no entendemento da cidade como espazo de acción e reflexión crítica.

A organización farase cargo dos seguintes aspectos:

  • Gastos de viaxe

  • Aloxamento e espazo de traballo (Fundación Luis Seoane)

  • Per diem durante a estancia na Coruña de 750 euros

  • Gastos de produción de ata 1.500 euros (xustificados pola persoa residente)

  • En ningún caso, os gastos de produción referidos refírense á compra, por parte da organización, de equipos como ordenadores, cámaras etc.

  • Asesoramento persoal e facilidades para o desenvolvemento da súa investigación na cidade da Coruña.

PROCESO DE SELECCIÓN:

  • Aberto aos perfís anteriormente citados, principalmente do ámbito coruñés ou en xeral galego. Excepcionalmente, e en función do proxecto presentado, o/a residente pode pertencer a outro ámbito territorial do estado español.

  • O/a residente será seleccionado/a polos directores do proxecto, Juan de Nieves e Pablo Fanego.

  • O prazo para a recepción de solicitudes cérrase o 15 de outubro.

  • A organización contactará co seleccionado inmediatamente despois desta data.

RESPONSABILIDADES E RESULTADOS:

O/a residente deberá presentar ao final do período de residencia, e non máis tarde do 31 de xaneiro de 2018, un informe ou traballo de creación que dea conta do proceso levado a cabo durante a súa residencia. A organización resérvase o dereito para utilizar ou difundir estes resultados publicamente a través dos mecanismos e órganos de difusión que estime oportunos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/11/2017 ata o 15/12/2017

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Requisitos:

Presentar solicitude en liña en:

capitalcivico@gmail.com

Contacto:

Documentos:

Impreso Solicitude Residencias (255 KB)

Convócanse 2 residencias de investigación / creación arredor de diferentes aspectos relacionados coa cidade desde unha perspectiva ampla en canto ás temáticas, e abertas tamén con respecto aos instrumentos, metodoloxías e resultados propios dos perfís das persoas candidatas: arte, arquitectura, urbanismo, historia, socioloxía, antropoloxía, cinema, e en xeral todas aquelas disciplinas que aborden a noción de cidade desde unha dimensión analítica e crítica.

Os/as candidatos/as deberán tomar o caso da cidade da Coruña como punto de partida para o desenvolvemento das súas investigacións.

Unha das persoas residentes será designada libremente polo director do taller, Rogelio López Cuenca, mentres que a segunda deberá optar a unha convocatoria pública.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión