Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXVIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

A música é indispensable para o baile pero tamén ten entidade propia na tradición galega, acompaña momentos de festa e ameniza duras xornadas de traballo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/05/2017

Xa rematou

Horario:

10.30 e 16.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

5'00 euros (**abono 2 funcións, 8'00 euros)

** O abono para as dúas funcións só poderá adquirirse no despacho de billetes de Pza. Ourense e no despacho de billetes do Ágora (no Ágora desde 1 h antes do inicio do concerto)

Unha importantísima variedade de letras, toques, xeitos de cantar e tocar e tamén parte da tradición oral  son transmitidas entre xeracións grazas aos cantos das mulleres e dos homes. Estas realizando cantos de berce e de labor e eles a través dos seus cantos de arrieiro ou de taberna. Por todo isto a Asociación Cultural Xacarandaina convoca desde o ano 1990 o Concurso de Música Tradicional Xacarandaina cos obxectivos de espallamento, difusión e dignificación da importante música galega.

No acto poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc. nas modalidades de pandereteiras/os e de cuartetos de gaitas, e todos os gaiteiros solistas que o desexen.

Inscricións ata o 29 de abril.en: http://www.xacarandaina.com/index.php?option=com_content&view=article&id=12&Itemid=18&lang=gl

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Centro Ágora: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión