Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de outubro de 2018

A Banda Municipal comeza a tempada de outono cun concerto no que contará co director Manuel Godoy como convidado

A actuación celébrase o vindeiro domingo, ás 12.15 horas, no Pazo da Ópera

A Banda Municipal da Coruña inicia a tempada de outono e inverno cun concerto no que contarán con Manuel Godoy como director convidado e un repertorio variado, con pezas de autores españois, o estadounidense John Barnes Chance e o alemán Paul Hindemith. O director valenciano ten unha traxectoria profesional recoñecida por numerosos premios internacionais e na que foi convidado a poñerse ao fronte de orquestras e bandas profesionais, como a Costa Atlántica de Portugal, as sinfónicas de Castelló, Córdoba ou La Rioja, entre outras, ou as bandas de Barcelona e Palma de Mallorca.  A actuación terá lugar o vindeiro domingo 14 no Pazo da Ópera ás 12.15 horas.

O programa consta de cinco pezas e estará divido en dúas partes. A primeira comeza coa interpretación do pasodobre El Camino, do autor José Vicente Egea, para a continuación dar paso a La mort de Santa Cecilia Op. 24, do compositor Ximo Tarín-Micó. Esta parte inicial rematará co Fantasía para Banda 8 de febrer, unha peza de Vicente Ortíz Gimeno. Tras o descanso, o público asistente poderá gozar da peza do compositor estadounidense John Barnes Chance Incantation and dance. Para concluír esta primeira actuación da tempada, a Banda Municipal interpretará a Sinfonía en Si Bemol de Paul Hindemith.

A Banda Municipal de Música, que celebra este ano o seu 70º aniversario, ten programados tamén outros dous concertos para os vindeiros meses. O 21 de outubro, ás 12.15 horas, ofrecerá no teatro Colón un concerto, gratuíto e orientado a un público infantil, para a apertura da III edición da Semana das Músicas do Audiovisual no que interpretará bandas sonoras de curtametraxes galegas e obras universais con acompañamento de imaxes. O día 4 de novembro, a Banda Municipal volta ao Palacio da Ópera, onde tocará La del Soto del Parral na súa versión instrumental.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión