Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de maio de 2019

A Coruña acolle ata o vindeiro domingo o festival de artes escénicas pola diversidade afectivo sexual Corufest

O evento, que conta co apoio da Concellería de Culturas, programa os espectáculo 'Miguel de Molina, Al Desnudo', 'Closet' e a comedia 'Generation Why', ademais dun concerto de Putochinomaricón

A Coruña acolle esta fin de semana o Festival das artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, o Corufest, que conta co apoio da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento que encabeza José Manuel Sande. O festival, que aposta pola programación de accións para dar visibilidade á liberdade afectivo-sexual e impulsar un espazo de reflexión, diálogo cultural e inclusión social, ten como escenarios a Fundación Luis Seoane, o Teatro Colón e o Rosalía de Castro.

A oferta iniciouse o día 9  e rematará o vindeiro domingo. O Teatro Colón acollerá esta noite, ás 20.30 horas, o espectáculo Miguel de Molina, Al Desnudo. Tamén neste espazo, pero o sábado 11 haberá dúas funcións. A primeira, que comeza ás 20.00 horas, será a de Closet, da asociación ALAS, á que seguirá o concerto de Putochinomaricón, ás 21.00 horas. A comedia contemporánea Generation Why será o peche do festival, o día 12 de maio, no teatro Rosalía de Castro.

As actuacións do Teatro Colón teñen un prezo de 10 euros. O espectáculo do Rosalía de Castro custa 14 euros na tarifa xeral, pero existen tamén prezos cos descontos habituais neste recinto municipal.   

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión