Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de outubro de 2019

A Coruña acolle mañá a súa Carreira C10 máis inclusiva

A C10 contará cun total de 3.474 participantes, entre os que figuran atletas con discapacidade sensorial, funcional e intelectual. Como novidade, este ano o circuíto poderase seguir nunha pantalla xigante que se instalará na explanada de Riazor e en “streaming” a través desta ligazón: http://www.coruna.gal/carreraspopulares/es/coruna10.

A Coruña acolle mañá ás 10.00 horas a XIII edición da Carreira C10 na que se inscribiron un total de 3.474 persoas: 2.150 homes e 611 mulleres. Este ano a porcentaxe de mulleres é do 22%, dous puntos por enriba dos datos do ano pasado.  Nesta edición, a carreira C10 dá un paso máis na inclusión social e correrán atletas con discapacidade sensorial, funcional e intelectual. Súmanse á categoría xa existente de atletas en cadeiras de rodas homologadas e, por primeira vez, tamén se lles aplicarán as mesmas categorías ás carreiras de menores.

Organizada polo concello e a Federación Galega de Atletismo, a máis emblemática das carreiras da cidade, percorrerá un circuíto urbano de 10 km practicamente chairo e por asfalto na súa totalidade. Terá a súa saída na avenida da Habana e a meta estará no Paseo Marítimo, á altura do Palacio dos Deportes de Riazor.  Como novidades, este ano instalarase na explanada de Riazor xunto ao podio unha pantalla xigante para retransmitir a carreira. Ademais poderase gozar dun espazo sostible Coca Cola, tamén na explanada de Riazor, con xogos participativos.

Ademáis, os afeccionados que o desexen poderán seguir a carreira en "streaming" a través do portal web co Concello da Coruña, accedendo a esta ligazón: http://www.coruna.gal/carreraspopulares/es/coruna10    No aspecto deportivo, a carreira contará na categoría masculina co atleta kenyano de 19 anos, Shamack Kiprop, cunha marca de 28´26" no 10.000 de Burjasot abril 2019 e tamén vencedor en 2019 do 10k Internacional de Albacete; e na categoría feminina coa atleta Jennifer Koech, marca persoal 32´36" en El Doret 2018. A carreira acolle este ano a corredoras e corredores inscritos de 24 nacionalidades, además de galegos das catro provincias.

SERVIZOS DA CARREIRA

Caixóns de saída: 5 caixóns de saída distribuídos segundo os dorsais asignados. As persoas participantes deberanse colocar na zona acoutada que lles corresponda na saída, segundo o dorsal que teñan asignado. Os caixóns organízanse por cores. Deberán estar nos seus postos 10 minutos antes do disparo oficial de saída.

Servizo de duchas e gardarroupa: as e os atletas contarán cun servizo para gardar a roupa no Frontón Municipal de Riazor, desde as 8:30 horas ata as 13:00 horas.

Servizo de duchas: estará instalado o servizo de duchas no Frontón Municipal de Riazor dende as 10:00 ás 14.00 horas.

Servizo de fisioterapia: coa colaboración da Deporclínica e alumnado da Universidade de Fisioterapia da Coruña, estará dispoñible no ximnasio do Palacio de Deportes de Riazor.

WC: dispoñibles no Frontón Municipal de Riazor.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión