Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xullo de 2019

Campaña de Vela 2019 - Deputación da Coruña

O concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento aprobou as bases para participar na campaña de vela organizada pola Deputación da Coruña, para rapaces e rapazas que naceron nos anos 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009 e 2010

Publícase a Listaxe definitiva de solicitantes do Concello da Coruña para as duas quendas da Campaña de Vela da Deputación da Coruña 2019 e o nº de conta no que facer o ingreso

Letras agraciadas no sorteo: Acta do sorteo

  • 1º Apelido: V
  • 2º Apelido: Y

Lémbrase que as persoas solicitantes que deben formalizar a matrícula comezan no número 1 ata o número 20 (ambos inclusive) de cada unha das quendas . O resto de solicitantes  figuran como LISTAXE DE ESPERA.

Formalización de inscricións: levaranse a cabo os días 19, 22 e 23 de xullo de 2019, en horario de 08:00 h a 13:30 h, de xeito presencial, nas oficinas administrativas do Palacio de Deportes de Riazor.

Documentación para formalizar a matrícula:

  • Ficha de inscrición da Deputación debidamente cuberta (marcar quenda 5ª), asinada polos pais ou titor/titora e coa foto de carné da persoa adxudicataria da praza.
  • Certificado de empadroamento.
  • Fotocopia do documento de asistencia sanitaria.
  • Fotocopia do Libro de Familia ou do carné de identidade da persoa solicitante.
  • Copia do xustificante de pagamento de VINTE E CINCO EUROS (25,00 €) na conta do BBVA ES44 0182 5636 9202 01504802, da que é titular a Federación Galega de Vela, no que se fará constar: "CAMPAÑA VELA 2019 - DEPUTACION DA CORUÑA" (CONCELLO DA CORUÑA), ademais do NOME E APELIDOS.
  • No caso de precisar un tratamento específico ou padecer algunha doenza que sexa necesario ter en conta, acompañarase xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.

En caso de non presentarse, entenderase que se renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a lista de espera.

9 DE XULLO - LISTAXES PROVISIONAIS

Publícanse as listaxes provisionais de solicitantes para a Campaña de Vela 2019 da Deputación da Coruña. pódeas consultar na seguinte ligazón:

Lémbrase que se abre o período de corrección de erros de tres días naturais, dende o 10 ao 12 de xullo que se presentarán nos rexistros do Servizo Municipal de Deportes: Cidade Deportiva de Riazor, Cidade Deportiva da Torre e Polideportivo Municipal Barrio das Flores.

Ao haber máis solicitudes que prazas ofertadas procederase a asignar as prazas logo do previo sorteo público no Palacio dos Deportes de Riazor, ante o secretario xeral ou o funcionario ou funcionaria no que o delegue o día 18 de xullo de 2019, sacando dúas letras que corresponderán coas iniciais do primeiro e o segundo apelido, de tal forma que:

3.1. Seleccionarase unha primeira letra que se fará corresponder co corte do primeiro apelido, e a continuación unha segunda letra para o segundo apelido que marcará sobre o primeiro apelido un novo corte. A partir deste segundo corte, procederase a adxudicar as prazas correlativamente en orde alfabética, tendo en conta o segundo apelido ata a letra Z (se a houber), momento en que se cambiará á seguinte letra do primeiro apelido para continuar correlativamente seguindo a orde alfabética ata, se fose necesario, dar a volta á listaxe.

3.2. Segundo o disposto nos artigos 49.2 in fine e 53 da Lei 20/2011, do 21 de xuño do Rexistro Civil (BOE do 22 de xullo de 2011), as preposicións, conxuncións e calquera partícula en xeral que acompañen a un apelido non forman parte del.

3.3. En todo caso, terán preferencia na orde de asignación de prazas as persoas empadroadas no Concello da Coruña.

5 DE XUÑO - MODIFICACIÓN BASES E CONVOCATORIA

Modificáronse as bases da convocatoria CAMPAÑA DE VELA 2019

O concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento ditou unha resolución o día 5 de xuño de 2019 pola que se modificaron as bases da convocatoria CAMPAÑA DE VELA 2019.

Os cambios, respecto das anteriores, son:

   1.- O requisito de empadroamento refírese á provincia da Coruña, e o empadroamento no Concello da Coruña é un criterio de preferencia na adxudicación de prazas.

   2.- O sorteo público e máis a publicación da listaxe definitiva realizaranse o día 18 de xullo de 2019.

   3.- A matrícula e formalización de inscricións levaranse a cabo os días 19, 22 e 23 de xullo de 2019, en horario de 08:00 h a 13:30 h, de xeito presencial, nas oficinas administrativas do Palacio de Deportes de Riazor.

Así mesmo, advírtese que as datas e mais o sistema de adxudicación de prazas que aparecen nos folletos confeccionados pola Deputación da Coruña (e que se presentarán xunto coa documentación correspondente, unha vez adxudicada a praza)  non son aplicables a este concello e unicamente teñen validez os que constan nas bases aprobadas por este.

  • Pode consultar as bases modificadas e mais o decreto de emenda de modificación delas no documento anexo no pé da noticia

A preinscrición realizarase en liña na seguinte ligazón Fomulario de solicitude - Campaña de Vela 2019 - Deputación da Coruña , ou presencial nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña situadas na Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio de Deportes de Riazor.

Enderezo:

Praia de Oza. Playa de Oza. A Coruña

Documentos:

Decreto e bases da convocatoria de Campaña de Vela 2019 - Deputación da Coruña (253 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión