Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de setembro de 2019

Carlos Saura asina no Libro de Ouro do Concello

A alcaldesa Inés Rey asegura días antes da presentación no Colón da súa versión de “Don Giovanni” que “é un orgullo recibilo polo que representa e por todo o que é”

O cineasta Carlos Saura visitou esta mañá o concello, onde o recibiu a alcaldesa Inés Rey para faceren un percorrido polo interior do edificio e asinar no Libro de Ouro. O director, que está a piques de presentar os vindeiros días 13 e 15 de setembro a súa versión da ópera "Don Giovanni", de W. A. Mozart, no teatro Colón, dentro da Programación Lírica de Amigos da Ópera da Coruña, sinalou estar encantado na cidade, "é preciosa, ademais veño todos os días a pasear por esta praza de María Pita".

Saura contou tamén que están ultimando a peza lírica e que espera volver outra vez porque "todo o mundo é moi amable". Non quixo adiar nada sobre o que se vai poder ver na Coruña porque pasa igual que coas películas, non se deben contar, "iso é un erro", explicou.

Pola súa parte, Inés Rey dixo que era un orgullo recibilo "polo que representa e por todo o que é" e que por iso, a súa sinatura non podía faltar no volume municipal: "Fixemos un percorrido polo pazo que é a súa casa e estamos desexando ver a estrea da ópera", comentou a rexedora.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión