Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de outubro de 2019

Cultura estudará ampliar o espazo da sede da Real Academia de Belas Artes

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro Jesús Celemín falaron na súa primeira visita institucional da necesidade que ten o edificio da praza de Pintor Sotomayor de labores de mantemento

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, foron recibidos esta mañá polos membros da Real Academia de Belas Artes, co presidente Manuel Quintana Martelo á cabeza, nunha primeira toma de contacto, onde o colectivo reclamou máis espazo no inmoble que ocupan, así como labores de mantemento nel. Pola súa parte, a rexedora manifestou a intención do Goberno local de arranxar edificios emblemáticos como o da praza de Pintor Sotomayor que están "en certo estado de abandono".

Desde a Concellería de Cultura, o edil comprometeuse a estudar as peticións, dada a importancia dunha academia na que están representados persoeiros referentes da cultura do país. Neste aspecto, Rey sinalou que a visita, que serviu tamén para que asinara no libro de honra, era "obrigada" pola relevancia da institución. Por último, as/os académicas/os tamén solicitaron unha maior promoción das actividades que realizan na axenda cultural do Concello.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión