Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de agosto de 2019

O concello aposta por revitalizar o carácter científico da cidade para recuperar o seu papel en foros nacionais e internacionais

O concelleiro de Cultura e Educación, Jesús Celemín, asegura que a intención do Goberno local é que A Coruña volva estar no circuíto de grandes congresos

O edil de Cultura, Jesús Celemín, asistiu esta tarde na Domus á presentación da web e do logo do XXIV Congreso Estatal de Astronomía que terá lugar na cidade entre o 30 de abril e o 2 de maio do 2020. 

O edil felicitou a Asociación Astronómica Ío por conseguir que a cidade sexa a sede do primeiro congreso de astronomía que se realiza en Galicia e subliñou a importancia de que eventos deste tipo se leven a cabo na Coruña. "Unha cita que serve para reforzar o carácter científico dunha cidade involucrada desde hai anos na divulgación da ciencia a través dos seus museos, o  Muncyt e o planetario", apuntou. Un carácter científico que o concello pretende revitalizar para que A Coruña recupere o seu papel protagonista en foros nacionais e internacionais.  

A presenza no Congreso Estatal de Astronomía de figuras da categoría de Jocelyn Bell, unha lenda da astronomía e todo un referente para a xente máis nova polo seu compromiso pola igualdade de oportunidades na ciencia, serven tamén, dixo o edil, para poñer de relevo a necesidade de promover a igualdade e a defensa da diversidade na ciencia.

 Desde o Goberno local traballaremos na defensa da diversidade e na igualdade non só no ámbito científico, senón tamén no social, económico e político", recalcou Jesús Celemín.         

Durante a súa intervención o edil lembrou a obriga de revitalizar o turismo de congresos para que A Coruña recupere a súa presenza en foros nacionais e internacionais. "A realización de congresos servirá para reforzar a marca turística da cidade", sinalou.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión