Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de maio de 2018

O Concello concede axudas para a realización de festas nos barrios ás 21 entidades veciñais que presentaron os seus proxectos á convocatoria ‘Facemos Comunidade’

O edil destaca o incremento nas iniciativas que recibirán financiamento nesta segunda edición deste plan de apoio, que reparte 250.000 euros para garantir as celebracións comunitarias da veciñanza

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de resolver a convocatoria Facemos Comunidade, pola que 21 entidades veciñais, todas as que se presentaron ao concurso, recibirán financiamento para a realización de festas de carácter comunitario nos distintos barrios da cidade en colaboración co Concello. Esta edición do plan de apoio municipal, a segunda que se regula por un réxime de concorrencia competitiva, destina 250.000 euros ás asociacións veciñais, que poden recibir ata un máximo de 10.000 euros. O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, resalta que, nesta edición, "o número de proxectos elevouse de 17 a 21 e todos os presentados cumpriron os requisitos e a puntuación mínima establecida no concurso, polo que recibirán axuda económica do Concello". "Isto garante que a programación cultural deseñada polo Goberno local se complete e enriqueza coas iniciativas veciñais e se espalle por todo o termo municipal", indicou.

Unha vez resolta a convocatoria, a concellería informará ás asociacións veciñais e convocará ás persoas representantes das mesmas a encontros individuais para deseñar e programar de forma participada e colaborativa a realización dos eventos, "na liña de relación estable e periódica que a concellería ven mantendo coas distintas entidades da cidade". Tal e como indica o responsable do departamento, será nesa fase cando se determine a contía de cada entidade, cun máximo de 10.000 euros. Esta convocatoria está dirixida ás entidades veciñais constituídas legalmente e radicadas na cidade que deben presentar, entre a documentación pertinente, un proxecto da proposta de celebración, así como unha memoria final de actividades realizadas.

Os proxectos gañadores do concurso Facemos Comunidade foron os presentados polas asociacións de veciños e veciñas das Atochas, Monte Alto e Torre de Hércules, Os Rexumeiros do barrio de Castro de Elviña, a asociación veciñal, cultural e deportiva Os Rosales, a asociación veciñal de Eirís Uxío Carré, a asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do Barrio da Agra do Orzán, a Loureiro de San Pedro de Visma, a de Novo Mesoiro, Os Nosos Lares de Palavea, Castrillón Urbanización Soto-IAR, Pedralonga, a asociación de veciños e comerciantes A Falperra, a agrupación da veciñanza do Ventorrillo, a de Oza da Gaiteira e Os Castros, a de Bens, Os Veciños de Nostián, Feáns, San Diego, Monelos e Fonte das Paxariñas, Barrio das Flores, Peruleiro-Os Mariñeiros e San Cristovo das Viñas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión