Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de agosto de 2019

O Concello recibe os participantes do Trofeo Teresa Herrera no seu 74.º aniversario

Unha árbitra coruñesa da Liga Iberdrola entregará o trofeo ao segundo clasificado do Teresa Herrera masculino

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e parte da corporación municipal recibiron este mediodía no Pazo de María Pita os representantes da 74.ª edición do Trofeo Teresa Herrera: Francisco Martínez Zas, presidente do RC Deportivo; Julio Abalde, reitor da UDC, Julio Luis Pérez Alonso, vicepresidente UDG Tenerife; Rafael Gordillo, director de relacións institucionais do Real Betis Balompié; Juan Luis Villamisar, vicepresidente da Federación Galega de Fútbol e Ernesto Vázquez Mariño, presidente honorífico da AFAC.

Rafael Gordillo desexoulle ao Deportivo "moitísima sorte nesta etapa de ascenso a Primeira División". Pola súa parte, Julio Luis Pérez Alonso, augurou que o encontro de esta noite "será un gran partido". O presidente do RC Deportivo, Martínez Zas, recordou que no mes de outubro a cidade celebrará o 75.º aniversario da construcción do estadio de Riazor. 

Por primeira vez na historia, dúas árbitras coruñesas da Liga Iberdrola entréganlle esta noite o trofeo ao segundo clasificado do Teresa Herrera masculino. Inés Rey, ao peche da recepción das/dos participantes, aludiu á imaxe das mulleres no fútbol e afirmou que seguirá traballando por normalizar esta situación: "Só espero que sexa o principio de algo que se repita, porque elas piden un continente do tamaño do seu talento e o estadio ten que ser tamén a súa casa e a casa de todas e todos, á que hoxe volvemos para vivir outra tarde maratoniana do Teresa Herrera", asegurou a rexedora, quen fixo especial mención os nenos da canteira do equipo herculino, desexándolles sorte e convidándoos a que "non perdan as tradicións".

As entregas dos trofeos nas dúas modalidades realizaranse ao remate dos respectivos partidos. No caso do Trofeo Teresa Herrera feminino, entre o Deportivo Abanca e o UDG Tenerife, os trofeos serán entregados por:  

• Mellor Xogadora Estrella Galicia: entrega Ignacio Olavide, representante de Estrella Galicia.

• 2.ª clasificada: entrega a concelleira de Turismo, Comercio e Mercados, Diana Cabanas.

• Gañadora: entrega a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.  Ao remate da final do Teresa Herrera masculino, que xogan o RC Deportivo e o Real Betis Balompié ás 21.00 h, os trofeos serán entregados por:

• Mellor Xogador Estrella Galicia: entrega Ignacio Olavide, representante de Estrella Galicia.

• 2º clasificado: entrega a árbitra coruñesa da Liga Iberdrola Eugenia Gil Soriano.

• Gañador: entrega a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.  O concello informou de que nas vindeiras edicións do torneo herculino ambos os trofeos terán o mesmo tamaño, pero este ano seguen a ter diferentes dimensións, xa que así estaba contratado polo anterior goberno.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión