Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de marzo de 2018

O Fórum Metropolitano acolle mañá e o sábado o XXI Certame de Modelismo Escala

A proposta inclúe unha charla técnica o venres pola tarde, e a entrega de premios terá lugar ás 17.30 horas do día 31

O Fórum Metropolitano acolle, desde mañá, unha nova edición do Certame Internacional de Modelismo Escala, un concurso e exposición aberta á cidadanía con máis de vinte anos de traxectoria e que se celebra, habitualmente, na Semana Santa. A iniciativa, organizada pola Asociación de Modelismo Centro Cultural Escala, reúne numerosas figuras de avións, barcos ou trens chegados de distintos países que se dan cita nun evento que inclúe talleres e charlas para todos os públicos. Entre as iniciativas desta edición, destaca a charla técnica Pinturas, desgastes y suciedades en cabinas que ofrecerá Manuel Gil, membro da asociación, ademais do obradoiro infantil de modelismo que impartirá o grupo IPMS Portugal tanto o venres pola tarde, como o sábado pola mañá.

A XXI edición do CIM Escala celebrarase este venres 30, de 17.00 a 20.00 horas, e o sábado de 11.00 a 14.00 horas, nun horario no que tamén estará aberto un mercado de maquetas. Contra ás 17.30 horas do día 31, terá lugar a entrega de premios do concurso de modelismo, que distingue diversas categorías --avións, vehículos, barcos, dioramas, ciencia ficción ou miscelánea--, e ás 19.00 horas pecharase ao público a exposición dos traballos.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión