Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de setembro de 2019

O Goberno local traballa na implantación dun sistema telemático que lle facilite á cidadanía inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais

A Concellería de Deportes está a ultimar a posta en marcha do mecanismo informático que permitirá tamén o alugueiro telemático das instalacións deportivas

O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, informou na mañá deste venres do proxecto no que traballa o seu departamento para implantar un sistema de tramitación telemática no procedemento das matrículas das Escolas Deportivas Municipais, que lle facilite e axilice o proceso á cidadanía.

Nos vindeiros días procederase a instaurar un sistema informático que reducirá as visitas ás dependencias municipais, xa que permitirá a inscrición previa en grupos e horarios concretos así como o pago telemático das taxas e cotas correspondentes, o que facilitará así un servizo máis áxil, eficaz e accesible. Do mesmo xeito, o novo sistema permitirá tramitar telematicamente as solicitudes de inscrición en actividades organizadas polo Servizo Municipal de Deportes ou o alugueiro dos equipamentos deportivos.

A tramitación destes procedementos da Área de Deportes poderase continuar facendo de forma presencial nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes situadas na Cidade Deportiva da Torre, Pazo de Deportes de Riazor e Polideportivo do Barrio das Flores.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión