Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de agosto de 2019

O IMCE deseñará unha programación en consenso coas entidades tradicionais para a Romaría de Santa Margarida

O responsable da Programación Festiva do Imce, Javier Rodríguez, e as distintas agrupacións reuníronse esta mañá para tratar de adaptar un programa ambicioso no parque

As persoas asinantes do manifesto sobre a Romaría de Santa Margarida e o responsable da Programación Festiva do Imce, Javier Rodríguez, reuníronse esta mañá no Coliseum para cruzar pareceres ao respecto da programación no parque.

No encontro, que Rodríguez tildou de "frutífero", abordaron os puntos fortes do traballo didáctico e de difusión das manifestacións culturais centradas na música e no baile que se veñen ofertando os últimos anos nas datas próximas á celebración da cita en Santa Margarida.

Tamén analizaron as limitacións estruturais de cara a deseñar un programa ambicioso coa marxe de tempo da que dispoñen. Do mesmo xeito, falaron de cuestións xerais como a relación coa Concellaría de Cultura e coa de Festas, así como co IMCE.

Por parte deste organismo traballarán esta semana nunha proposta de programación coa idea de manter un segundo encontro coas entidades e chegar entre todos a un consenso. O obxectivo do IMCE pasa porque a Romaría de Santa Margarida siga sendo a celebración das Festas de María Pita cun maior carácter de representatividade da cultura tradicional.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión