Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xullo de 2019

Inés Rey agradece o labor do Club Torre SD pola inclusión social das persoas con discapacidade

A alcaldesa acudiu á entrega de medallas das IV Xornadas Polideportivas de Deporte Adaptado na Cidade Deportiva da Torre

A alcaldesa Inés Rey acudiu esta mañá xunto co concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, á entrega de medallas das IV Xornadas Polideportivas de Deporte Adaptado dirixidas a mocidade e persoas adultas con discapacidades leves ou severas, que tivo lugar na Cidade Deportiva da Torre, nun acto no que participaron trece persoas de Aspace (Atención á Parálise Cerebral de toda España) e que organizou o Club Torre SD.

Ante a presenza do presidente do colectivo, Antonio Dubra, Rey destacou o labor do Club Torre SD pola súa implicación na procura da inclusión social das persoas con discapacidade a través dos campamentos.

Pola súa parte, Borrego manifestou que desde a concellaría impulsarán este tipo de iniciativas que favorezan a integración por medio da práctica deportiva.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión