Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xullo de 2019

Inés Rey anuncia o seu compromiso para impulsar os museos científicos como sinal de identidade da cidade

A alcaldesa Inés Rey anunciou o seu compromiso para recuperar os museos científicos como aceno de identidade da cidade. Destacou a necesidade de recuperar os museos para que volvan ser un foco educativo, un atractivo turístico e un eixo da investigación científica. A alcaldesa reafirmou o seu compromiso coas políticas sustentables da cidade e pretende contar co sector empresarial como aliado neste labor.

 A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá o seu compromiso para relanzar os museos científicos como aceno de identidade da cidade para que volvan ser un referente educativo, de lecer e turístico.

Os museos, recalcou, deben renovarse constantemente para ofrecer novos contidos que sorprendan aos visitantes. "Debemos potenciar de novo o seu protagonismo na cidade",  apuntou a alcaldesa durante o acto de inauguración de exposición "Bocados", que tivo lugar esta  mañá na Domus e na que estivo acompañada polo concelleiro de Educación, Jesús  Celemín, e a concelleira de Turismo, Diana Cabanas. 

 "A recuperación dos museos científicos forma parte do proxecto de cidade que o goberno local ten para A Coruña. Un proxecto que o executivo quere sacar adiante ao longo deste mandato, e no que quere contar como aliados coa Universidade e con institucións públicas e privadas da cidade", apuntou Rey.  Un compromiso, dixo, que se verá reflectido en investimentos para manter e mellorar as instalacións actuais e poñer en marcha un plan de renovación dos contidos e módulos dos museos co obxectivo de que sexan centros de debate, focos de divulgación científica.  

Neste sentido, destacou a importancia de proxectos de produción propia como a exposición "Bocados" que "supón unha importante renovación dos contidos permanentes do museo" e, ao mesmo tempo, pon o foco na necesidade de poñer en marcha medidas que convertan A Coruña nunha cidade máis acolledora e sustentable. 

En canto ao contido da exposición, Rey indicou que segue a liña que ten que instaurarse na cidade en materia de sustentabilidade. "Unha mostra que nos convida a reflexionar sobre a maneira de combinar unha alimentación correcta co coidado do noso planeta".

Para iso, dixo, debemos pensar en global e actuar en local con medidas eficaces e con campañas educativas. Por iso o Concello abre a porta ás empresas innovadoras que queiran achegar a súa visión aos proxectos do goberno local.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión