Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xullo de 2019

Inés Rey asegura que Mundos Dixitais será parte da Cidade das Tics que construirá o Goberno local

A alcaldesa acudiu á presentación do XVIII Congreso Internacional Mundos Dixitais, onde terán lugar desde mañá en Palexco charlas, talleres e encontros cos máximos referentes do sector da animación.

A alcaldesa Inés Rey asistiu esta mañá ao acto de apertura da décimo oitava edición do Congreso Internacional Mundos Dixitais, na que se ofrecerán desde mañá ata o sábado en Palexco un programa de conferencias, talleres e encontros coas primeiras espadas da animación. Para a rexedora, o evento será parte, sen dúbida, da Cidade das Tics que construirá o Goberno local porque o sector animado é "parte do noso presente, pero ten que ser parte importante da Coruña do futuro".

Rey destacou a oportunidade que ten a cidadanía coruñesa estes días para coñecer ao detalle as grandes producións que están nas carteleiras e que teñen unha gran presenza de profesionais da cidade como é o caso de "El Parque Mágico", de Paramount Pictures Animation, que lle pon imaxe a esta nova entrega, e que conta con 30 galegas/os formadas/os na Coruña, das que cinco son supervisores.

É obxectivo do Concello facer unha cidade referente nas tecnoloxías e na innovación como xa o é Mundos Dixitais de cara a aplicalo ao mundo audiovisual e téxtil, "motor económico da nosa comarca".

Rey insistiu na presentación que a cita serve como punto de encontro entre os veteranos, que verten a súa experiencia, e a xente que comeza a dar os primeiros pasos e que pode chegar a formar parte de futuros proxectos grazas a Mundos Dixitais.

Pola súa parte, o director do congreso, Manuel Meijide, sinalou que se trata da edicións máis ambiciosa, onde se sumarán a Realidade Aumentada para Broadcast e a Realidade Mixta aos contidos xa habituais de animación e videoxogos e falou de que se presentarán os proxectos máis importantes do ano como son "Dumbo", "Hellboy" ou a gañadora dun Oscar á mellor película de animación "Spiderman".

O responsable explicou que isto é posible polos preto de cen colaboradoras/es que fan que hoxe sexa o proxecto máis importante desde España para todo o mundo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión