Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de novembro de 2019

Inés Rey reitera o compromiso do Concello cos deportes minoritarios

A alcaldesa presentou en María Pita o Campionato de España de Judo Absoluto-Sector Oeste no que participan os coruñeses Adrián Uzal e Manuel Sanmartín

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, presentaron hoxe en María Pita o XXI Trofeo Teresa Herrera e Campionato de España de Judo Absoluto 2019 sector oeste que este domingo, a partir das 9.30 horas, se realizará no polideportivo do Barrio das Flores.

Durante o acto, a rexedora destacou o compromiso do Concello cos deportes minoritarios que como o judo "goza na cidade de moi boa saúde grazas ao traballo de entidades como Judo Club Coruña", pero que aínda teñen un longo percorrido cara a un maior recoñecemento e seguimento por parte do público. Por iso destacou a necesidade de "darlles máis visibilidade aos deportes menos coñecidos". Tanto a alcaldesa como o concelleiro de Deportes desexáronlles moita sorte aos deportistas coruñeses Adrián Uzal e Manuel Sanmartín que se subirán este domingo ao tatami e animaron o resto de participantes a gozar da cita deportiva e da cidade.

O acto contou coa presenza do presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, o vicepresidente da federación, Eduardo Galán, e o xerente da Federación Española de Judo, Gonzalo Taboada. Muzas agradeceu o apoio do Concello e das federacións que participan neste campionato e lembrou que a federación celebra estes días os 60 anos de judo en Galicia cun evento que serve "para visibilizar o traballo de moitos deportistas". As eliminatorias comezarán ás 9.30 horas. A final será ás 12.30 horas e os trofeos entregaranse ás 13.30 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión