Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de agosto de 2019

A Concellaría de Benestar Social e a Asociación Novo Mesoiro levan a sensibilización sobre o autismo ás festas do barrio

A Concellería de Benestar Social e representantes da Asociación de Veciños de Novo Mesoiro levarán a cabo a iniciativa “2 horas sen ruído” para concienciar sobre as barreiras ás que se enfrontan as persoas con autismo. O proxecto realizarase durante as festas do barrio os días 23 e 24 de agosto

 A Concellería de Benestar Social e representantes da Asociación de Veciños de Novo Mesoiro chegaron a un acordo para poñer en marcha a próxima semana unha iniciativa encamiñada a concienciar a poboación das barreiras a que diariamente se enfrontan as persoas con autismo.  A idea consistirá en "2 horas sen ruído" nas atraccións infantís que se instalarán nas festas do barrio os próximos días 22 e 23 de agosto. Será de 18..00 a 20.00 horas.  

As atraccións infantís, explican, non terán nin música nin sons para que as nenas e os nenos, as familias e a poboación en xeral se conciencien dos problemas das persoas con autismo, en especial as crianzas que se atopan con numerosas dificultades á hora de gozar dos seus dereitos e de formar parte plenamente da comunidade; barreiras cognitivas, pero tamén sociais. Deste xeito, as pequenas e os pequenos con este trastorno poderán gozar das festas e outras pícaras e pícaros terán a oportunidade de aprender a aceptar a diversidade. 

 A concellería quixo agradecerlle á veciñanza do barrio coruñés de Novo Mesoiro a súa sensibilidade cara a esta problemática, xa que foi a entidade veciñal a que se puxo en contacto coas feirantas e feirantes para poñer en marcha esta iniciativa de carácter social.    

As persoas responsables da concellería comunicáronlles a iniciativa ás e aos representantes das entidades Aspanaes e Asperga que aplaudiron a medida por considerala muy beneneficiosa xa que, ás veces, as barreiras sociais son máis difíciles de derrubar.      

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión