Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xullo de 2019

A halterofilia protagoniza a axenda deportiva da fin de semana co XXIII Trofeo Internacional “Cidade da Coruña”

Os Rosales acollerá unha competición na que participarán ata 53 deportistas de dez nacionalidades, cunha representación galega e coruñesa de 14 figuras desta especialidade

O Concello presentou esta mañá o XXIII Trofeo Internacional "Cidade da Coruña" de halterofilia, que comezará mañá ás 09.30 horas no pavillón de deportes dos Rosales, unha cita de balde na que participarán ata 53 deportistas de dez nacionalidades diferentes cunha importante representación galega e do Club Halterofilia A Coruña, que se agruparán en cinco tandas.

En concreto, competirán un total de 14 figuras do país coas seleccións de Malta, Eslovenia, Lituania, Portugal, Dinamarca, Inglaterra, Alemaña, Canadá e Hungría. A cita conta cada ano cunha maior participación de público afeccionado, que ten a oportunidade de desfrutar de balde estes días do potencial de primeiras figuras do mundo.

A alcaldesa Inés Rey destacou na presentación a importancia deste tipo de eventos para dar a coñecer deportes minoritarios: "Iniciativas como o campionato fan canteira nunha especialidade que está dando froitos, en parte, polas 23 edicións do Trofeo Internacional 'Cidade da Coruña'". A rexedora sinalou que a única forma de espertar o interese da xente é "dándolles espazo" a estes deportes para que os coruñeses vexan halterofilia, pero tamén a empecen a practicar. Proba diso, apuntou Rey, é que de Galicia, e máis en concreto, da cidade, co Club de Halterofilia A Coruña, con tres campionatos nacionais, están saíndo grandes promesas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión