Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de agosto de 2019

A Romaría de Santa Margarida daralle visibilidade á música e ao baile tradicional galegos

O parque ofrecerá este domingo unha xornada de gastronomía popular e actuacións das distintas entidades da cidade cun programa deseñado de forma conxunta entre elas e o Concello

A Romaría de Santa Margarida pechará as festas de María Pita cunha xornada o domingo que lle dará visibilidade á música e ao baile tradicional galegos e que comezará ás 12.00 h coa actuación da Banda Municipal. Pola tarde, Cascarillarte ofreceralles ás crianzas a posta en escena do Mago Román, que presentará ás 18.00 horas o seu espectáculo "Labirinto de ilusións", no exterior da Casa das Ciencias.

O programa, que se perfilou entre as entidades tradicionais e o Concello, continuará  no anfiteatro, ás 19.30 horas, coa presenza da Asociación Cultural Son D'Aquí, que dará paso, ás 20.25 h, á Agrupación Folclórica Aturuxo. A continuación actuarán, a partir das 21.20 horas, a Asociación Cultural Donaire e a Banda das Crechas, que serán as últimas en saír, ás 22.30 horas. O parque será de novo un encontro coa empanada e demais exquisiteces gastronómicas da terra que se poderán mercar nos postos e conformarán o menú dos que se acheguen ata o pulmón verde da cidade durante todo o día.

Santa Margarida volverá así a poñer o broche festivo das festas de agosto cunha romaría popular que rematará, ás 00.00 horas, cun espectáculo pirotécnico.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión