Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de agosto de 2019

A Selección absoluta feminina de fútbol xogará o 4 de outubro en Riazor un partido oficial

Será o seu primeiro partido clasificatorio para o Campionato de Europa Feminino da UEFA de 2021. Riazor acollerá por primeira vez un encontro clasificatorio da UEFA. A Coruña competiu con importantes cidades españolas para albergar este partido tan importante para a selección feminina.

A Selección absoluta feminina disputará o próximo 4 de outubro no Estadio Municipal de Riazor, na Coruña, fronte a Acerbaixán, o seu primeiro partido de clasificación para o Campionato de Europa Feminino da UEFA de 2021, que se xogará en Inglaterra. Tras varias xestións do goberno local da Coruña coa Federación Española de Fútbol a cidade albergará por primeira vez un encontro de alto nivel da selección española feminina no seu camiño por alcanzar o Europeo de Inglaterra.

Para o executivo que dirixe Inés Rey, que mantivo durante semanas a cautela nas negociacións para lograr que A Coruña sexa a sede deste partido, trátase dunha ocasión inmellorable para potenciar o deporte feminino e para darlle a maior visibilidade posible. "Este partido será exemplo do apoio ao deporte feminino de toda a cidade e estou segura de que as coruñesas e coruñeses responderemos enchendo o campo para animar ás xogadoras da Selección".

Tras este partido no recinto municipal coruñés, as xogadoras de Jorge  Vilda continuarán este ano o seu camiño cara á final de  Wembley o 8 de outubro, en Praga, fronte á República Checa, e o 12 de novembro, en Polonia.

Tras a fase de clasificación, que continuará en 2020, os equipos gañadores de grupos e os tres segundos con mellor balance contra as seleccións clasificadas no primeiro, terceiro, cuarto e quinto posto nos seus grupos uniranse a Inglaterra na fase final do torneo, mentres os outros seis segundos xogarán  play- offs en outubro de 2020 para saber definitivamente que outras tres seleccións formarán parte dos 16 combinados nacionais que disputarán a fase final no verán de 2021.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión