Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xullo de 2019

O Concello abre o prazo de inscrición para a Carreira Popular Volta a Oza

O Concello, a través da concellería de Deportes, abre o prazo de inscrición para a VIII Carreira popular Volta a Oza. Os participantes teñen ata o 2 de setembro para formalizar a súa inscrición.

O circuíto de carreiras populares CoruñaCorre, que organiza a concellería de Deportes, renovarase en setembro tras o parón estival coa celebración o día 8 da VIII Carreira popular Volta a Oza.  

O goberno local, consciente da importancia que nos últimos anos adquiriu na cidade da práctica deste deporte, ten previsto poñer en marcha novas medidas encamiñadas a reforzar o deporte en espazos públicos.  

O Concello acaba de abrir o prazo de inscrición desta carreira. As inscricións pódense realizar a través da web www.championchipnorte.com desde hoxe ata o día 2 de setembro.  

O parque de San Diego será o punto de saída e chegada á meta da carreira de categoría absoluta que sairá ás 10.00 horas e terá un percorrido de 6,2km. A proba de  sub18 e  sub16 dará comezo ás 11.15. A continuación ás 11.30 horas sairán os participantes da categoría sub14. As categorías  sub12,  sub10 e  prebenjamín comezarán ás 11.45 horas, 11.55 horas, e 12.05 horas  respectivamente. Unha vez que finalicen as probas, aproximadamente ás 12.20 horas, celebrarase a entrega de premios.  

Os dorsais para a carreira poderanse recoller no Complexo Deportivo Municipal de San Diego o sábado 7 de setembro, de 11.00 a 20.30 horas, e o domingo, día 8, desde as 9.30 horas, ata media hora antes do inicio da carreira. Todos os atletas deberán inscribirse para esta carreira independentemente de que figuren como participantes no circuíto e recoller dorsal e chip, excepto os propietarios, aos que só se lles entregará dorsal.  

O circuíto seguirá coa VII carreira popular Ventorrillo, o 20 de outubro, e a edición deste ano finaliza coa carreira de  Novo Mesoiro, o 3 de novembro e a VIII Carreira As Roseiras que terá lugar o 24 de novembro.

Para máis información sobre esta ou outras probas  de Coruña Corre, pódese visitar a web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares        

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión